domingo, 21 de setembro de 2014

COMEZAMOS...

Comezamos o curso con avaliacións do novo alumnado. Para elo estamos empregando dous materiais básicos estandarizados, aparte de mecanismos de observación e cuestionarios a familias e titores.

Un destes materiais é o PLON:
PLON-R. Prueba de Lenguaje Oral Navarra, Revisada
O PLON é unha proba para avaliar o desenvolvemento da linguaxe oral dos nenos máis pequenos: valora desenvolvemento da linguaxe nos aspectos de Fonoloxía, Morfoloxía-Sintaxe, Contido e Uso da linguaxe. É un instrumento sinxelo de comprender, doado de usar, cun tempo de aplicación breve e de grande utilidade para detectar os problemas lingüísticos do alumnado.

Outro destes materiais é o SEPP, deste empregamos só a parte de linguaxe:S.E.P.P. Sistema de Evaluación para Personas Plurideficientes
O SEPP é un instrumento para a avaliación das persoas afectadas por plurideficiencias: psíquicas, sensoriais e/ou físicas. Ofrece  unha metodoloxía sistemática para a avaliación independente das seguintes áreas: sensorial, motora, imaxe corporal, autoaxuda, socialización, cognición e linguaxe. Para a súa cumprimentación hai que botar man a unha serie de recursos e materiais, moi sinxelos de conseguir.

sábado, 7 de xuño de 2014

ORTOGRAFÍA DIVERTIDA


PINCHA NA IMAXE E PODERÁS ACCEDER AOS CURSOS DE ORTOGRAFÍA VISUAL DA EDITORIAL YALDE QUE TEN VARIOS RECURSOS PUBLICADOS DESTE ESTILO.

luns, 2 de xuño de 2014

LIBRO - FORMACIÓN DE PALABRAS


Gústanos este material que atopamos no BLOG Mi mundo de PT e que podemos descargar pinchando no enlace. Serve para traballar a conciencia fonolóxica, o recoñecemento de letras, formación de palabras e o vocabulario que consideremos traballar, do cal colocaremos as imaxes correspondentes na última columna.

sábado, 31 de maio de 2014

APRENDE VOCABULARIO


WEB interesante para traballar online vocabulario organizado nos seguintes campos semánticos:

Engadímola ao noso apartado de XOGOS.