xoves, 4 de decembro de 2014

GUÍA PARA INTERVIR NUN TEL



Pincha na imaxe para descargar a guía

 A Asociación TEL Galicia (Atelga) é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito autonómico constituida en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 2012 coa intención de mellorar a calidade de vida das persoas con TEL e a das súas familias.

luns, 1 de decembro de 2014

PIKTOSAAC

piktosaac

Piktosaac Pictogramas Autismo - screenshot thumbnail
Piktosaac Pictogramas Autismo - screenshot thumbnail
Descripción
Es una sencilla aplicación gratuita que descarga directamente toda la batería de pictogramas de Arasaac DIRECTAMENTE en tu Tablet.
Pictogramas para Autismo (Piktosaac), Parálisis Cerebral... no es una aplicación interactiva, si no estás familiarizado con el mundo del Autismo, la Parálisis Cerebral, la Educación, la Comunicación Aumentativa etc. te pedimos que no descargues la aplicación.
La APP simplemente descarga pictogramas para no depender de conexiones a internet en otros momentos, o evitar tener que utilizar el ordenador, o bien liberar de sobrecarga los servidores de Arasaac.
Descripción
Es una sencilla aplicación gratuita que descarga directamente toda la batería de pictogramas de Arasaac DIRECTAMENTE en tu Tablet.
Pictogramas para Autismo (Piktosaac), Parálisis Cerebral... no es una aplicación interactiva, si no estás familiarizado con el mundo del Autismo, la Parálisis Cerebral, la Educación, la Comunicación Aumentativa etc. te pedimos que no descargues la aplicación.
La APP simplemente descarga pictogramas para no depender de conexiones a internet en otros momentos, o evitar tener que utilizar el ordenador, o bien liberar de sobrecarga los servidores de Arasaac.

sábado, 22 de novembro de 2014

CAMPO SEMÁNTICO: O CORPO


PARA SEGUIR CO TRABALLO DO VOCABULARIO DO CORPO TAMÉN IMOS EMPREGAR ESTA CANCIÓN:
Cabeza Hombros Rodillas y Pies - LittleBabyBum Canciones infantiles HD 3D

CAMPO SEMÁNTICO DO CORPO HUMANO



ATOPAMOS ESTA CANCIÓN EN YOUTUBE PARA TRABALLAR COS MÁIS PEQUENOS AS PARTES DA CARA.

mércores, 19 de novembro de 2014

MATERIAL DE SOPRO

A profe Olaia de Ciclo Inicial, tróuxonos un material caseiro de sopro (luva de látex, vaso de plástico e palla) que nos encanta. Mirade como sabe usalo xa Adriana: 






xoves, 23 de outubro de 2014

ARAWORD



Logo AraWord.jpg

Picade na imaxe de ARAWORD si queredes ir á páxina de descarga.


AraWord es una aplicación informática de libre distribución, enmarcada dentro de una suite de herramientas para la comunicación aumentativa y alternativa, que consiste en un procesador de textos que permite la escritura simultánea de texto y pictogramas, facilitando la elaboración de materiales y adaptación de textos para las personas que presentan dificultades en el ámbito de la comunicación funcional.
Visión general de la aplicación

domingo, 21 de setembro de 2014

COMEZAMOS...

Comezamos o curso con avaliacións do novo alumnado. Para elo estamos empregando dous materiais básicos estandarizados, aparte de mecanismos de observación e cuestionarios a familias e titores.

Un destes materiais é o PLON:
PLON-R. Prueba de Lenguaje Oral Navarra, Revisada
PLON é unha proba para avaliar o desenvolvemento da linguaxe oral dos nenos máis pequenos: valora desenvolvemento da linguaxe nos aspectos de Fonoloxía, Morfoloxía-Sintaxe, Contido e Uso da linguaxe. É un instrumento sinxelo de comprender, doado de usar, cun tempo de aplicación breve e de grande utilidade para detectar os problemas lingüísticos do alumnado.

Outro destes materiais é o SEPP, deste empregamos só a parte de linguaxe:S.E.P.P. Sistema de Evaluación para Personas Plurideficientes
O SEPP é un instrumento para a avaliación das persoas afectadas por plurideficiencias: psíquicas, sensoriais e/ou físicas. Ofrece  unha metodoloxía sistemática para a avaliación independente das seguintes áreas: sensorial, motora, imaxe corporal, autoaxuda, socialización, cognición e linguaxe. Para a súa cumprimentación hai que botar man a unha serie de recursos e materiais, moi sinxelos de conseguir.

sábado, 7 de xuño de 2014

ORTOGRAFÍA DIVERTIDA


PINCHA NA IMAXE E PODERÁS ACCEDER AOS CURSOS DE ORTOGRAFÍA VISUAL DA EDITORIAL YALDE QUE TEN VARIOS RECURSOS PUBLICADOS DESTE ESTILO.

luns, 2 de xuño de 2014

LIBRO - FORMACIÓN DE PALABRAS


Gústanos este material que atopamos no BLOG Mi mundo de PT e que podemos descargar pinchando no enlace. Serve para traballar a conciencia fonolóxica, o recoñecemento de letras, formación de palabras e o vocabulario que consideremos traballar, do cal colocaremos as imaxes correspondentes na última columna.

sábado, 31 de maio de 2014

APRENDE VOCABULARIO


WEB interesante para traballar online vocabulario organizado nos seguintes campos semánticos:

Engadímola ao noso apartado de XOGOS.

mércores, 21 de maio de 2014

LIBRO LIM: ONDE ESTÁ?

https://dl.dropboxusercontent.com/u/241048582/ondeesta.html

Con este libro LIM repasamos:
- os conceptos espaciais básicos
- a clasificación de animais segundo onde vivan
- os mapas dos continentes

luns, 19 de maio de 2014

MATERIAL ESPECÍFICO

Para dotar as nosas aulas de AL de recursos específicos adquirimos materiais nalgúns destes sitios:





Tanto familias como profesionais podedes atopar aquí boas solucións para o traballo, o xogo e os hábitos de autonomía.

luns, 21 de abril de 2014

luns, 7 de abril de 2014

APROXIMACIÓN Á LECTOESCRITURA

Atopamos un material interesante para os pequenos e pequenas que comezan a dar os seus pequenos pasos na adquisición do proceso lectoescritor. Son libros LIM recompilados en ARASAAC. Este é o enlace:

sábado, 29 de marzo de 2014

LEMOS CONTOS









En Audición e Linguaxe lemos contos porque sabemos os beneficios que poden ter nos nosos pequenos/as:
  • Estimula a imaxinación.
  • Fomenta a capacidade memoria.
  • Potencia a atención auditiva e visual.
  • Axuda a desenvolver e mellorar a linguaxe (ampliando vocabulario, axudando na construcción gramatical, mellorando o coñecemento espacio-temporal).

luns, 24 de marzo de 2014

XOGOS

En Audición e Linguaxe facemos xogos na alfombra como por exemplo o xogo dos coches. Colocamos cada un na rúa da súa cor. Tamén temos 2 helicópteros que poñemos no heliporto, un barco que situamos no mar e o tren que circula pola súa vía. A Hugo encántalle xogar cos medios de transporte!


 

xoves, 20 de marzo de 2014

AULA MULTISENSORIAL

Na nosa aula multisensorial estiveron esta semana Fran e David, estimulando o seu sentido do gusto.

 Vimos todos os gustos que pode discriminar a nosa lingua: amargo, doce, salado, ácedo e umami.






A Fran o que máis lle gustou foi o chocolate amargo.


David decantouse polas gominolas doces.

martes, 18 de marzo de 2014

ESTRUTURA DE FRASES


NAS AULAS DE AL EMPREGAMOS O MATERIAL "ENSÉÑAME A HABLAR" DE EDITORIAL GEU PARA TRABALLAR A ESTRUTURACIÓN SINTÁCTICA.


                                         DIMO
                                          DAVID
                                         ADRIÁN

luns, 17 de marzo de 2014

Praxias


Video semifinalista do concurso "Un Aula Visual para Chile". Coa caricatura duhna simpática vaca ensina os exercicios de praxes linguais e de mandíbula, para acadar unha mellor vocalización nos nenos con problemas de pronunciación.

domingo, 16 de febreiro de 2014

POMPAS

Estamos utilizando un material de sopro chulísimo que venden no Imaginarium. Son unhas pastas de 3 cores diferentes: amarela, azul e vermella, e un tubiño para facer pompas. Duran moito tempo se as tratamos con mimo. Ahí van unhas fotos de Adriana utilizando este recurso:







venres, 7 de febreiro de 2014

AS EMOCIÓNS

 Mateo, un alumno do noso centro, traballa a discriminación das emocións cun xogo de caras tristes e contentas.

xoves, 6 de febreiro de 2014

AULA MULTISENSORIAL

 CORREDOR DE SENSACIÓNS PLANTAIS

 EMPARELLAR CILINDROS TÁCTILES
 PISCINA DE BOLAS - PELOTA BOBATH DE PINCHOS
TACTILODOMINÓ

Esta semana David e Rubén probaron as actividades de tacto da aula multisensorial e pasárono en grande.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Ola a tod@s! 
Benvidos ao noso Blogue de AL do CEE Saladino Cortizo.
Somos María e Patricia, as dúas mestras de AL do noso centro.
Este Blogue pretende ser un lugar de apoio e encontro para a nosa  Comunidade Educativa e para outras profesionais do noso campo.
Nel atoparedes referencias a materiais significativos para nós, enlaces a webs interesantes no eido da comunicación, noticias relevantes no campo da logopedia, indicacións de congresos ou cursos interesantes…
Agradecemos calquera tipo de comentario que se faga coa fin de apoiar ou mellorar a nosa labor educativa.
Saúdos!

María e Patri.