domingo, 16 de febreiro de 2014

POMPAS

Estamos utilizando un material de sopro chulísimo que venden no Imaginarium. Son unhas pastas de 3 cores diferentes: amarela, azul e vermella, e un tubiño para facer pompas. Duran moito tempo se as tratamos con mimo. Ahí van unhas fotos de Adriana utilizando este recurso:







venres, 7 de febreiro de 2014

AS EMOCIÓNS

 Mateo, un alumno do noso centro, traballa a discriminación das emocións cun xogo de caras tristes e contentas.

xoves, 6 de febreiro de 2014

AULA MULTISENSORIAL

 CORREDOR DE SENSACIÓNS PLANTAIS

 EMPARELLAR CILINDROS TÁCTILES
 PISCINA DE BOLAS - PELOTA BOBATH DE PINCHOS
TACTILODOMINÓ

Esta semana David e Rubén probaron as actividades de tacto da aula multisensorial e pasárono en grande.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Ola a tod@s! 
Benvidos ao noso Blogue de AL do CEE Saladino Cortizo.
Somos María e Patricia, as dúas mestras de AL do noso centro.
Este Blogue pretende ser un lugar de apoio e encontro para a nosa  Comunidade Educativa e para outras profesionais do noso campo.
Nel atoparedes referencias a materiais significativos para nós, enlaces a webs interesantes no eido da comunicación, noticias relevantes no campo da logopedia, indicacións de congresos ou cursos interesantes…
Agradecemos calquera tipo de comentario que se faga coa fin de apoiar ou mellorar a nosa labor educativa.
Saúdos!

María e Patri.