luns, 7 de abril de 2014

APROXIMACIÓN Á LECTOESCRITURA

Atopamos un material interesante para os pequenos e pequenas que comezan a dar os seus pequenos pasos na adquisición do proceso lectoescritor. Son libros LIM recompilados en ARASAAC. Este é o enlace:

sábado, 29 de marzo de 2014

LEMOS CONTOS









En Audición e Linguaxe lemos contos porque sabemos os beneficios que poden ter nos nosos pequenos/as:
  • Estimula a imaxinación.
  • Fomenta a capacidade memoria.
  • Potencia a atención auditiva e visual.
  • Axuda a desenvolver e mellorar a linguaxe (ampliando vocabulario, axudando na construcción gramatical, mellorando o coñecemento espacio-temporal).

luns, 24 de marzo de 2014

XOGOS

En Audición e Linguaxe facemos xogos na alfombra como por exemplo o xogo dos coches. Colocamos cada un na rúa da súa cor. Tamén temos 2 helicópteros que poñemos no heliporto, un barco que situamos no mar e o tren que circula pola súa vía. A Hugo encántalle xogar cos medios de transporte!