Un destes materiais é o PLON:

O PLON é unha proba para avaliar o desenvolvemento da linguaxe oral dos nenos máis pequenos: valora desenvolvemento da linguaxe nos aspectos de Fonoloxía, Morfoloxía-Sintaxe, Contido e Uso da linguaxe. É un instrumento sinxelo de comprender, doado de usar, cun tempo de aplicación breve e de grande utilidade para detectar os problemas lingüísticos do alumnado.
Outro destes materiais é o SEPP, deste empregamos só a parte de linguaxe:

O SEPP é un instrumento para a avaliación das persoas afectadas por plurideficiencias: psíquicas, sensoriais e/ou físicas. Ofrece unha metodoloxía sistemática para a avaliación independente das seguintes áreas: sensorial, motora, imaxe corporal, autoaxuda, socialización, cognición e linguaxe. Para a súa cumprimentación hai que botar man a unha serie de recursos e materiais, moi sinxelos de conseguir.