Estamos utilizando un material de sopro chulísimo que venden no Imaginarium. Son unhas pastas de 3 cores diferentes: amarela, azul e vermella, e un tubiño para facer pompas. Duran moito tempo se as tratamos con mimo. Ahí van unhas fotos de Adriana utilizando este recurso:
domingo, 16 de febreiro de 2014
venres, 7 de febreiro de 2014
AS EMOCIÓNS
Mateo, un alumno do noso centro, traballa a discriminación das emocións cun xogo de caras tristes e contentas.
xoves, 6 de febreiro de 2014
AULA MULTISENSORIAL
CORREDOR DE SENSACIÓNS PLANTAIS
EMPARELLAR CILINDROS TÁCTILES
PISCINA DE BOLAS - PELOTA BOBATH DE PINCHOS
TACTILODOMINÓ
Esta semana David e Rubén probaron as actividades de tacto da aula multisensorial e pasárono en grande.
mércores, 5 de febreiro de 2014
Ola a
tod@s!
Benvidos ao noso Blogue de AL do CEE Saladino Cortizo.
Somos María e Patricia, as dúas mestras de AL do noso centro.
Este
Blogue pretende ser un lugar de apoio e encontro para a nosa Comunidade Educativa e para outras
profesionais do noso campo.
Nel
atoparedes referencias a materiais significativos para nós, enlaces a webs interesantes no eido da comunicación,
noticias relevantes no campo da logopedia, indicacións de congresos ou cursos
interesantes…
Agradecemos
calquera tipo de comentario que se faga coa fin de apoiar ou mellorar a nosa
labor educativa.
Saúdos!
María e
Patri.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)